ISIDRO NOVO

Querido Isidro, esta noite Rolando e mais eu buscàmosche desesperados polas rùas de Lugo.Andivemos polos nosos currunchos- nos que tanta felicidade temos compartido- na procura da tùa fonda voz libertaria. Esa voz decidora, xenerosa, amiga, irònica, divertida, insubmisa, solidaria cos da rùa e implacable cos maltratadores.
Buscàmosche porque como dicìa Novoneyra eu ” non sei pensarte morto”, pero a cidade xa non è sen ti, non soubemos andala sen ir canda ti e procurámosche en cada lugar percorrido.
Eu penso que agora habitas nos marabillosos debuxos de Elerre -o noso pequeno Bruno-, nas tabernas onìricas que che pintou para que saibas onde ir, para que te sintas na casa entre as sùas cores, agardàndonos como agardabas cada vez que iamos onda ti.
E mentres, nòs quedamos nistas rùas orfas, buscando desesperadamente a tùa presenza màxica que nos devolva do pesadelo, navegando no amor inmenso que nos tiñamos.
(Non quero subir nunca fotos persoais, pero non puiden resistir traer ao meu muro esta tan bonita; hai nela tanta felicidade , e eses ollos de Loly!)

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en ISIDRO NOVO

MOSTRA EN CUNTIS

Empeza un mes de maio cargado de actividade. A primeira en Cuntis, a mostra « A voz libre» , unha mostra sentida e moi necesaria para min.
Obrigada ao Concello de Cuntis, e especialmente a Kike Portela polo convite.

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en MOSTRA EN CUNTIS

“A LENDA DOS HOMES-PEIXE” (A PACO SOUTO)

 

“A lenda dos Homes-peixe(a Paco Souto” acrílico sobre lenzo 80x120cms

Esta obra vai estar na mostra do Festiletras do Couto, como parte dunha serie de cadros sobre lendas que von expoñer alí. Pero non é un cadro máis. Nace dun lugar moi adentro .Nace da dor inmensa, e da ledicia inmensa tamén. Nace do amor polo mar compartido, polo mar noso , o das lendas e o da xente traballadora. Nace dos momentos compartidos, das ilusións e as loitas comúns , da rabia e da impotencia, das noites soñando con este Home – Peixe de mans xenerosas, guía de cardumes de homes e mulleres-peixe que seguimos a estela das súas mans cheíñas…Serei sempre parte dese cardume que te sigue Home-peixe, alá onde vaias enchendo os mares de luz.
Que dificil é expresar tanto que sentimos neste momento, todos os cadros dunha vida non chegarían para contalo! Nada que fagamos abonda para contarte, Paco. Pero decidinme a facelo.Só souben que a obra estaba acabada cando a enviei a Emma e me dixo que es ti.Grazas, Emma, sabes que é para ti. Para vós.

     

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en “A LENDA DOS HOMES-PEIXE” (A PACO SOUTO)

Nemancos na radio

Estes días que está Nemancos de nova actualidade  por estar exposta na libraría “A lus do candil”, de Arteixo, lembro  esta entrevista  que me fixo Manuel Rial para a Radio Voz e da que falo de cando  inaugurei no faro de Fisterra.

https://www.ivoox.com/nemancos-a-nova-exposicion-viki-rivadulla-audios-mp3_rf_4726076_1.html

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en Nemancos na radio

A MIÑA OBRA NA VOZ DAS NENAS E NENOS DE MALPICA

No seguinte enlace podedes ver o video que fixeron sobre min os nenos e nenas de 1ºA do CEIP Milladoiro e a súa titora Fátima.

Enviáronmo polo meu cumpleanos e nunca tiven un regalo máis fermoso en toda a miña vida. Ogalla que estas voces do video non perdan nunca esa tenrura coa que falan.

Aplaudo a estas mestras que empregan a arte coma ferramenta para educar ao seu alumnado. A arte fainos máis libres e moito  moito máis felices.

Desfrutade o video.

http://bemilladoiro.blogspot.com.es/2017/03/viki-rivadulla-biografia.html

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en A MIÑA OBRA NA VOZ DAS NENAS E NENOS DE MALPICA

NENOS DE NINGURES, primeiro lenzo do 2017

NENOS DE NINGURES. Acrilico, 2017.
Este é o primeiro lenzo do 2017. Non a primeira obra, porque estiven traballando en papel, nuns encargos. Pero hai tempo que quería pintar estes neniños.

Seino, non son as fermosas sereas q acostumo compartir. Pero outros asuntos reclaman a nosa atencion. Todos deberiamos poder soñar con sereas fermosas.
Dende a dor e a impotencia, viñeronme visitar estes nenos de ningures.

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en NENOS DE NINGURES, primeiro lenzo do 2017

26 DE NOVEMBRO

Hoxe xa é 26 de novembro. Xa pasou. O mundo pode vestir de cores de novo. Pero eu sigo a pensar nela, a última víctima.
A súa nai pariu canda min, hai 26 anos. As dúas sacamos a luz o mellor de nós mesmas.
E penso na nena que foi. Cal era o seu xogo preferido, que quería ser de maior, que cousas facían que rira a escachar, como era a súa voz cando cantaba. E como imaxinaba a súa madurez que non chegou.
Penso nos seus medos, onde había refuxio para agocharse deles?
Penso nela. Un minuto de silencio non pode reparar todos os minutos non vividos. Todas as bágoas do mundo non abondan para choralas.
A vida non pode seguir adiante. Non, mentres elas non están.

ollos

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en 26 DE NOVEMBRO

ESQUECIDAS

Hoxe hai concentracións convocadas en distintas cidades contra o tratado da UE con Turquía, para devolver aos refuxiados.

Berro : Non no meu nome!

Canta impotencia ante esta barbarie dunha Europa que se di civilizada ! Temos que parar isto, hai que saír á rúa e berrar : Non á guerra! …e sobre todo hai que axudar ás persoas desprazadas que tanto están a sufrir, non podemos deixalos morrer na indiferencia e inoperancia dos gobernos europeos.

Deixo unha das muitas pinturas que estes días andan polo meu obradoiro. Non podo pintar sobre outra cousa: a pintura é ESQUECIDAS, ácrílico sobre lenzo do ano 2016.

esuqecidas

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en ESQUECIDAS

VISITA AO COLEXIO MILLADOIRO DE MALPICA

Hai uns días fun convidada polo CEIP Milladoiro de Malpica, para falarlles aos nenos e nenas da miña obra, sobre todo da relacionada coa muller, xa que era a visita o 9 de marzo.
Convídovos a ver o vídeo tan bonito que fixeron da xornada. Moitas grazas ao profesorado, unha xente implicada coa aprendizaxe dos seus nenos e nenas. Fan moitas actividades.
Estiven cos de 4ª de primaria e cos pequerrechos de 4 e 5 anos. Expriqueilles o que quixen contar nalgúns cadros e logo pintamos xuntos. Paseino de marabilla.
Cando rematei a sesión cos pequenos unha neniña achegouse de xeito espontáneo , pensei que queria preguntar algo como fixeran outros nenos, pero abrazoume e doume bicos. Logo viñeron os demais a abrazarme e dame bicos.
Os/as artistas temos moitas crises sobre a nosa obra, pero despois deste cariño recibido pensei que algo fixen ben, ou alomenos se a estes pequenos lles fixen pasar un bo rato don por bo o feito.
Mirade as súas obriñas no vídeo, que marabilla!: 

http://bemilladoiro.blogspot.com.es/2016/03/visita-de-viki-rivadulla.html

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en VISITA AO COLEXIO MILLADOIRO DE MALPICA

CÚRAME , NORDÉS…

"Cúrame , nordés..." Viki Rivadulla

“Cúrame , nordés…” Viki Rivadulla

A pintura é “Cúrame , nordés” de Viki Rivadulla- esto do nome hai que poñelo para quen colle imaxes sen nomear autores/as-. Un acrílico do ano 2012.
Porque a necesidade de ser curada polo nordés volve unha e outra vez.

Son unha muller positiva e con infinda paciencia, pero, certamente , hai que aturar diariamente a tanto imbécil e escuro que ás veces o corpo e a alma xa non as queren. Hoxe foi un deses días .
Entón quixera ser congro , colgar ao vento e que só o nordés cruzara o meu corpo para curar as feridas, para secar , encuirar …non escuitar máis ca ese nordés zoando (e a voz de Janis Joplin rabuñando na alma).
Entón , neses momentos de non aturar imbéciles e escuros, lembro a voz de Novoneyra, coma unha sabedoría da terra, cunha certeza que solo ten esa mesma terra, dicíndome entretecida nese nordés sandador:

“Os que así nos tein, só teñen noso o nome no censo”

Novoneyra, Janis e o nordés. Curada e xa pra outra !

Publicado en Sen categorizar | 1 comentario