UN CADRO, UN POEMA

Es tan descoidado

que andas perdendo anaquiños de vida

por todas partes.

 

Onte esvarouche un

pola borda do barco.

 

E ás veces escápanche polos dedos

e quedan presos na rede do aparello;

e ao trincar o pan do traballo

sempre deixas caer algún pedaziño

que esvara polas botas

ata quedar na madeira da cuberta.

 

Ven,

agora terei que arranxalo todo.

Con cada bico poñer un anaquiño

alí onde falte

para recompoñer a rede da túa pel.

Non quero que o día

che sorprenda vencido.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.