OBRADOIRO DE CABEZUDOS EN FISTERRA

Esta semana comezamos o obradoiro de cabezudos en Fisterra.

Taller-de-cabezudos-de-Fisterra-Foto-Dario-Gomez-2

Esto saiu da concelleira de cultura de Fisterra, Teresa Fernández Martínez. Supoño que verían nas redes as fotos da restauración que fixen dos de Muxía, e chamáronme.
Hai muitos anos Fisterra tamén tivo cabezudos, supoño que coma case todas as vilas, eran unha tradición ligada ás festas que se foi perdendo cando as festas foron mudando. Agora queren recuperalos e telos xa , se é posible, para a cabalgata de Reis.
O que imos facer son uns deseños diferentes baseados na tradición fisterrá, con mariñeiros, peixeiras, …a lenda da Orca Vella, etc…
E o máis interesante para min , é que vai ser a propia xente de Fisterra quen elabore os cabezudos, no obradoiro que dirixo.
O xeito de facelos non vai ser a forma “ortodoxa” de facelos modelando en barro e sacando moldes para facer logo en cartón pedra, porque por unha banda, o tempo ata o nadal é pouco e por outra banda teriamos que contar con que os participantes souperan modelar ben,e o obradoiro está pensado para que poida participar quen queira, sen ter que ter coñecementos artísticos ningúns.
Entón imos facelos, como se ve nas fotos, forrando globos con cartón fallero e a partir de aí xa iremos poñendo os rasgos para definir as personaxes. Tamén imos facer as roupas.
Moito traballo por diante en pouco tempo, pero coa disposición que lles vin, van quedar estupendos
Estón encantada co obradoiro. Empezamos onte e van coma motos!!

http://quepasanacosta.gal/fisterra-recupera-os-seus-cabezudos/

Viki-Rivadulla-imparte-o-Taller-de-cabezudos-de-Fisterra-Foto-Dario-Gomez

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.