ARTIGO DE LINO BRAXE SOBRE “NEMANCOS”

 

Hoxe publica Lino Braxe un artigo en La Opinión, sobre a miña mostra NEMANCOS, que pode verse durante todo o mes en Portas Ártabras.
Lino é unha persoa que sempre está aí, e acude á chamada dos amigos.
Muitas grazas por este artigo, Lino, e pola túa compañía na inauguración da mostra.
Eu podería contar cousas de Lino, cousas que lembro de actuacións memorabeis ao longo da súa vida de poeta, actor, dramaturgo, showman, músico, …pero hai un día deses que gardo no meu peto de momentos especiais e foi cando , durante a catástrofe do Prestige, acudiu ao convite que lle fixen para vir recitar a Muxía nun dos actos reivindicativos que organizamos daquela, e logo, tras o recital fomos á vinoteca de Lorena, a alemana. Alí fíxonos cantar a todos “Non , non Nunca Máis…” ao ritmo do “No woman, no cry ” de Bob Marley, acompañando a súa actuación marabillosa e improvisada. Foi un momento máxico no que nos fixo sentir unidos, disfrutar e rir no medio da desgraza, e a nuite negra fui nuite amiga e solidaria. As persoas que fan sentir ben aos que están ao seu redor, esas son as imprescindibles.
Un bico, Lino Braxe

http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2015/11/09/cor-muxia/1012019.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.