CÚRAME , NORDÉS…

"Cúrame , nordés..." Viki Rivadulla

“Cúrame , nordés…” Viki Rivadulla

A pintura é “Cúrame , nordés” de Viki Rivadulla- esto do nome hai que poñelo para quen colle imaxes sen nomear autores/as-. Un acrílico do ano 2012.
Porque a necesidade de ser curada polo nordés volve unha e outra vez.

Son unha muller positiva e con infinda paciencia, pero, certamente , hai que aturar diariamente a tanto imbécil e escuro que ás veces o corpo e a alma xa non as queren. Hoxe foi un deses días .
Entón quixera ser congro , colgar ao vento e que só o nordés cruzara o meu corpo para curar as feridas, para secar , encuirar …non escuitar máis ca ese nordés zoando (e a voz de Janis Joplin rabuñando na alma).
Entón , neses momentos de non aturar imbéciles e escuros, lembro a voz de Novoneyra, coma unha sabedoría da terra, cunha certeza que solo ten esa mesma terra, dicíndome entretecida nese nordés sandador:

“Os que así nos tein, só teñen noso o nome no censo”

Novoneyra, Janis e o nordés. Curada e xa pra outra !

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a CÚRAME , NORDÉS…

Os comentarios están pechados.