OS CABEZUDOS DE FISTERRA

O sábado presentaronse os cabezudos que fixemos no obradoiro que impartin en Fisterra. Non hai cousa mellor no mundo que , co propio traballo, conseguir un sorriso. E onte había muitos sorrisos en Fisterra. Un orgullo para min e para o pobo esta xente que participou xenerosamente no obradoiro:Encarna (Mae Proyectos Creativos), Rosalia, Franny,Xusto,Aranza, Montse,Tami, Marta, Sole e Jesus.
Os cabezudos luciron preciosos. Poden ter algún pequeno defecto, pero non é achacable ás miñas alumnas e alumnos, senon ao escaso tempo co que traballamos e á humidade que non é boa aliada para estes asuntos.
Pero o resultado é fantástico.
Teño que agradecer ao Concello de Fisterra que contaran comigo. E hai que felicitar á organización do obradoiro. Especialmente a Teresa Fernandez Martinez, pois ademais de ser a responsable, currou as roupas, que a nós éranos imposible poder facer por falta de tempo. As roupas son o 50 por cen dos cabezudos, e ela foi quen as fixo. Eso chámase implicarse.
E parabéns a Kuka Sar Oliveira que tamén está aí currando duramente e contaxiando ilusión.E a Silvia Do Cuyú que ata se covertiu onte en cabezudo-peixeira, e ás outras persoas que levaron os cabezudos.
Pero sobre todo hai que felicitar ás persoas que traballaron horas para recuperar unha tradición da súa vila e para min fui un pracer coñecelas e compartir traballo con elas.
Ben, eu , sabedes, que son unha sentimental e sempre vexo as cousas a través destes ollos sentimentais que teño, así que cando vin aos cabezudos por Fisterra adiante o que vin foron persoas divertíndose,vin persoas orgullosas do seu e persoas dun pobo que merece uns gobernantes que traballen con ilusión e que co seu traballo axuden a que a xente sexa un pouco máis feliz. Fisterra merece eso , que a gobernen dignamente e poñan en valor toda a fermosura que ten. Meréceo todo o país.
Tamén  estes cabezudos que queren vivir nun país alegre e orgulloso do seu, gobernado por persoas que o respeten e o queiran, e fagan máis doada a vida das persoas en lugar de poñer atrancos.
Deixovos unha galería de fotos na que se ve o proceso de traballo. Aí están a Orca Vella, a Raíña Lupa, a peixeira, a redeira, o pirata, a vella, o vello,o mariñeiro, o gaiteiro e a pandereteira. Espero que vos gusten tanto como me gustou a min axudar a facelos.

Viki-Rivadulla-imparte-o-Taller-de-cabezudos-de-Fisterra-Foto-Dario-Gomez Taller-de-cabezudos-de-Fisterra-Foto-Dario-Gomez-2 (1)DSC_0443 DSC_0442 DSC_0441 DSC_0438DSC_0437 DSC_0436 DSC_0435 DSC_0416 (2) DSC_0385 (2) DSC_0421 (2) DSC_0423 (2) DSC_0419 DSC_0389 DSC_0430 DSC_0429 DSC_0406 DSC_0398 (2) DSC_0389 (2) DSC_0399 DSC_0404 (2) DSC_0406 (2) DSC_0402 (2) DSC_0499 DSC_0412 (2) DSC_0415 (2) DSC_0354 DSC_0357 DSC_0360 DSC_0352 DSC_0353 DSC_0359 DSC_0361 DSC_0374 DSC_0427 DSC_0495 CABEZUDOS 2 CABEZUDOS DSC_0508 DSC_0380

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.