VISITA AO COLEXIO MILLADOIRO DE MALPICA

Hai uns días fun convidada polo CEIP Milladoiro de Malpica, para falarlles aos nenos e nenas da miña obra, sobre todo da relacionada coa muller, xa que era a visita o 9 de marzo.
Convídovos a ver o vídeo tan bonito que fixeron da xornada. Moitas grazas ao profesorado, unha xente implicada coa aprendizaxe dos seus nenos e nenas. Fan moitas actividades.
Estiven cos de 4ª de primaria e cos pequerrechos de 4 e 5 anos. Expriqueilles o que quixen contar nalgúns cadros e logo pintamos xuntos. Paseino de marabilla.
Cando rematei a sesión cos pequenos unha neniña achegouse de xeito espontáneo , pensei que queria preguntar algo como fixeran outros nenos, pero abrazoume e doume bicos. Logo viñeron os demais a abrazarme e dame bicos.
Os/as artistas temos moitas crises sobre a nosa obra, pero despois deste cariño recibido pensei que algo fixen ben, ou alomenos se a estes pequenos lles fixen pasar un bo rato don por bo o feito.
Mirade as súas obriñas no vídeo, que marabilla!: 

http://bemilladoiro.blogspot.com.es/2016/03/visita-de-viki-rivadulla.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.