ISIDRO NOVO

Querido Isidro, esta noite Rolando e mais eu buscàmosche desesperados polas rùas de Lugo.Andivemos polos nosos currunchos- nos que tanta felicidade temos compartido- na procura da tùa fonda voz libertaria. Esa voz decidora, xenerosa, amiga, irònica, divertida, insubmisa, solidaria cos da rùa e implacable cos maltratadores.
Buscàmosche porque como dicìa Novoneyra eu ” non sei pensarte morto”, pero a cidade xa non è sen ti, non soubemos andala sen ir canda ti e procurámosche en cada lugar percorrido.
Eu penso que agora habitas nos marabillosos debuxos de Elerre -o noso pequeno Bruno-, nas tabernas onìricas que che pintou para que saibas onde ir, para que te sintas na casa entre as sùas cores, agardàndonos como agardabas cada vez que iamos onda ti.
E mentres, nòs quedamos nistas rùas orfas, buscando desesperadamente a tùa presenza màxica que nos devolva do pesadelo, navegando no amor inmenso que nos tiñamos.
(Non quero subir nunca fotos persoais, pero non puiden resistir traer ao meu muro esta tan bonita; hai nela tanta felicidade , e eses ollos de Loly!)

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.