OS CABEZUDOS DE FISTERRA

O sábado presentaronse os cabezudos que fixemos no obradoiro que impartin en Fisterra. Non hai cousa mellor no mundo que , co propio traballo, conseguir un sorriso. E onte había muitos sorrisos en Fisterra. Un orgullo para min e para o pobo esta xente que participou xenerosamente no obradoiro:Encarna (Mae Proyectos Creativos), Rosalia, Franny,Xusto,Aranza, Montse,Tami, Marta, Sole e Jesus.
Os cabezudos luciron preciosos. Poden ter algún pequeno defecto, pero non é achacable ás miñas alumnas e alumnos, senon ao escaso tempo co que traballamos e á humidade que non é boa aliada para estes asuntos.
Pero o resultado é fantástico.
Teño que agradecer ao Concello de Fisterra que contaran comigo. E hai que felicitar á organización do obradoiro. Especialmente a Teresa Fernandez Martinez, pois ademais de ser a responsable, currou as roupas, que a nós éranos imposible poder facer por falta de tempo. As roupas son o 50 por cen dos cabezudos, e ela foi quen as fixo. Eso chámase implicarse.
E parabéns a Kuka Sar Oliveira que tamén está aí currando duramente e contaxiando ilusión.E a Silvia Do Cuyú que ata se covertiu onte en cabezudo-peixeira, e ás outras persoas que levaron os cabezudos.
Pero sobre todo hai que felicitar ás persoas que traballaron horas para recuperar unha tradición da súa vila e para min fui un pracer coñecelas e compartir traballo con elas.
Ben, eu , sabedes, que son unha sentimental e sempre vexo as cousas a través destes ollos sentimentais que teño, así que cando vin aos cabezudos por Fisterra adiante o que vin foron persoas divertíndose,vin persoas orgullosas do seu e persoas dun pobo que merece uns gobernantes que traballen con ilusión e que co seu traballo axuden a que a xente sexa un pouco máis feliz. Fisterra merece eso , que a gobernen dignamente e poñan en valor toda a fermosura que ten. Meréceo todo o país.
Tamén  estes cabezudos que queren vivir nun país alegre e orgulloso do seu, gobernado por persoas que o respeten e o queiran, e fagan máis doada a vida das persoas en lugar de poñer atrancos.
Deixovos unha galería de fotos na que se ve o proceso de traballo. Aí están a Orca Vella, a Raíña Lupa, a peixeira, a redeira, o pirata, a vella, o vello,o mariñeiro, o gaiteiro e a pandereteira. Espero que vos gusten tanto como me gustou a min axudar a facelos.

Viki-Rivadulla-imparte-o-Taller-de-cabezudos-de-Fisterra-Foto-Dario-Gomez Taller-de-cabezudos-de-Fisterra-Foto-Dario-Gomez-2 (1)DSC_0443 DSC_0442 DSC_0441 DSC_0438DSC_0437 DSC_0436 DSC_0435 DSC_0416 (2) DSC_0385 (2) DSC_0421 (2) DSC_0423 (2) DSC_0419 DSC_0389 DSC_0430 DSC_0429 DSC_0406 DSC_0398 (2) DSC_0389 (2) DSC_0399 DSC_0404 (2) DSC_0406 (2) DSC_0402 (2) DSC_0499 DSC_0412 (2) DSC_0415 (2) DSC_0354 DSC_0357 DSC_0360 DSC_0352 DSC_0353 DSC_0359 DSC_0361 DSC_0374 DSC_0427 DSC_0495 CABEZUDOS 2 CABEZUDOS DSC_0508 DSC_0380

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en OS CABEZUDOS DE FISTERRA

ARTIGO DE LINO BRAXE SOBRE “NEMANCOS”

 

Hoxe publica Lino Braxe un artigo en La Opinión, sobre a miña mostra NEMANCOS, que pode verse durante todo o mes en Portas Ártabras.
Lino é unha persoa que sempre está aí, e acude á chamada dos amigos.
Muitas grazas por este artigo, Lino, e pola túa compañía na inauguración da mostra.
Eu podería contar cousas de Lino, cousas que lembro de actuacións memorabeis ao longo da súa vida de poeta, actor, dramaturgo, showman, músico, …pero hai un día deses que gardo no meu peto de momentos especiais e foi cando , durante a catástrofe do Prestige, acudiu ao convite que lle fixen para vir recitar a Muxía nun dos actos reivindicativos que organizamos daquela, e logo, tras o recital fomos á vinoteca de Lorena, a alemana. Alí fíxonos cantar a todos “Non , non Nunca Máis…” ao ritmo do “No woman, no cry ” de Bob Marley, acompañando a súa actuación marabillosa e improvisada. Foi un momento máxico no que nos fixo sentir unidos, disfrutar e rir no medio da desgraza, e a nuite negra fui nuite amiga e solidaria. As persoas que fan sentir ben aos que están ao seu redor, esas son as imprescindibles.
Un bico, Lino Braxe

http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2015/11/09/cor-muxia/1012019.html

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en ARTIGO DE LINO BRAXE SOBRE “NEMANCOS”

INAUGURACIÓN DE “NEMANCOS”, EN PORTAS ÁRTABRAS

12208426_511725905667802_6123020697281892424_n

O venres inaugurei en Portas Ártabras a miña mostra Nemancos. Un lugar máxico, sen dúbida, as Portas Ártabras.
Foi un pracer estar arroupada por grandes amigos, Teresa Ramiro, Xose Iglesias, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Lino Braxe. ..que ben ver a Lino ao q había un tempo q non vía…o mellor de expoñer é esto, porque ver á xente fai lembrar moitas cousas e momentos vividos .Eu lembraba onte a miña primeira entrevista na radio, no ano 86 cando sendo moi nova Lino me entrevistara por unha exposición q fixen en El halcón maltés, na Coruña…
Quero dar as gracias a todos os q estuvestes alí, artistas como Nando Pereiro, Carlos Botana, Antonio Taracido , Miguel Anxo Calvo, Beatriz Clara…, amigos e familia. Coa vosa compañía xa sinto a mostra coma un éxito.
E grazas ás miñas fotógrafas particulares, Carmen e Maribel.
Todos e todas formades parte do meu Nemancos.

12189155_511725925667800_3281789796135287290_n

Lino Braxe

12208567_511726005667792_6120118450891284718_n

X.H. Rivadulla Corcón

12186571_511725859001140_1550233230831144141_o

Teresa Ramiro

12193565_511726032334456_439136505861390348_n

Cso pintores Miguel Anxo Calvo “O Mighelo” e Antón Taracido

12191780_511725882334471_7737326234712210611_n12182522_511725835667809_649955618812749881_o

Co escultor Nando Pereiro

Co escultor Nando Pereiro

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en INAUGURACIÓN DE “NEMANCOS”, EN PORTAS ÁRTABRAS

NEMANCOS VIAXA A PORTAS ÁRTABRAS

nemancos portas artabras

Mañán ás oito da tarde inauguro a miña mostra Nemancos na Coruña, en Portas Ártabras, un lugar cheo de vida ao que sempre me gusta volver.

Deixo aquí a nova na Voz e en QPC

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/muxia/2015/11/04/arte-traspasa-limites-costa-da-morte/0003_201511C4C12991.htm

http://quepasanacosta.gal/viki-rivadulla-expon-nemancos-na-coruna/

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en NEMANCOS VIAXA A PORTAS ÁRTABRAS

OBRADOIRO DE CABEZUDOS EN FISTERRA

Esta semana comezamos o obradoiro de cabezudos en Fisterra.

Taller-de-cabezudos-de-Fisterra-Foto-Dario-Gomez-2

Esto saiu da concelleira de cultura de Fisterra, Teresa Fernández Martínez. Supoño que verían nas redes as fotos da restauración que fixen dos de Muxía, e chamáronme.
Hai muitos anos Fisterra tamén tivo cabezudos, supoño que coma case todas as vilas, eran unha tradición ligada ás festas que se foi perdendo cando as festas foron mudando. Agora queren recuperalos e telos xa , se é posible, para a cabalgata de Reis.
O que imos facer son uns deseños diferentes baseados na tradición fisterrá, con mariñeiros, peixeiras, …a lenda da Orca Vella, etc…
E o máis interesante para min , é que vai ser a propia xente de Fisterra quen elabore os cabezudos, no obradoiro que dirixo.
O xeito de facelos non vai ser a forma “ortodoxa” de facelos modelando en barro e sacando moldes para facer logo en cartón pedra, porque por unha banda, o tempo ata o nadal é pouco e por outra banda teriamos que contar con que os participantes souperan modelar ben,e o obradoiro está pensado para que poida participar quen queira, sen ter que ter coñecementos artísticos ningúns.
Entón imos facelos, como se ve nas fotos, forrando globos con cartón fallero e a partir de aí xa iremos poñendo os rasgos para definir as personaxes. Tamén imos facer as roupas.
Moito traballo por diante en pouco tempo, pero coa disposición que lles vin, van quedar estupendos
Estón encantada co obradoiro. Empezamos onte e van coma motos!!

http://quepasanacosta.gal/fisterra-recupera-os-seus-cabezudos/

Viki-Rivadulla-imparte-o-Taller-de-cabezudos-de-Fisterra-Foto-Dario-Gomez

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en OBRADOIRO DE CABEZUDOS EN FISTERRA

DÍA DA GALIZA MÁRTIR

Muíño de vento, (1930 obra do pintor FRANCISCO MIGUEL

Muíño de vento, (1930 obra do pintor FRANCISCO MIGUEL

Hoxe participarei en Cee no acto en conmemoración do Día da Galiza Mártir, ás 20,30 h. na Praciña do Olvido. O acto está organizado polo BNG de Cee, a quen agradezo o convite para celebrar a memoria e lembrar a quen tanto dou polo noso país e pola liberdade.

Na miña intervención lembrarei a figura do pintor Francisco Miguel , na voz da súa muller, Syra Alonso, autora dos conmovedores Diarios nos que narra a vida en común e o asasinato do seu esposo, o artista Francisco Miguel.

Anímovos a compartir con nós este acto de memoria, de xustiza e de homenaxe a quen forma parte do máis importante patrimonio da Galiza.

cartaz do acto

cartaz do acto

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2015/08/17/recital-poetico-charla-luis-lamela-dia-da-galiza-martir/0003_201508C17C4993.htm

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en DÍA DA GALIZA MÁRTIR

ROSA DE SERGIDO

Rosa, de Viki Rivadulla. Acrílico sobre papael

Rosa, de Viki Rivadulla. Acrílico sobre papael

Foise Rosa Rey. Rosa de Sergido e con ela unha parte de nós. Rosa é desas mulleres-faro que alumean na costa. Son piares que levan ao lombo as casas, as rúas , os barcos, as familias…Son as mulleres construtoras de quen somos.
Elas son os verdadeiros símbolos da nosa identidade mais ca calquera outra cousa.
Eu pinteina así hai un tempo, co crepúsculo ás súas costas, cos pés fortes e firmes sobre a terra, sostendo os congros que tamén son todo un símbolo de resistencia da nosa cultura mariñeira.
Agora tócanos seguir resistindo para defender o seu legado, o dela de doutras muitas mulleres que deron forma e sentido ao territorio onde vivimos.
Se queredes escoitala,xunto a outras mulleres nosas, deixovos o enlace do documental Avoas de Muxía .

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en ROSA DE SERGIDO

AS MIÑAS BRUXAS NA CORUÑA

Hoxe,polas rúas da Coruña vin ás miñas bruxiñas nun escaparate de artesanía. Que ghuapas estaban alí voiando entre tanta cousa bonita !

11541933_467634713410255_2954718853477351105_n11665528_467634723410254_3965139337075871461_n11693804_467634743410252_4115612623264166430_n

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en AS MIÑAS BRUXAS NA CORUÑA

AVANTE! POLAS DEFENSA DA PESCA ARTESANAL RESPONSABLE

O domingo pasamos un día precioso no Castelo de Santa Cruz, no acto AVANTE, pola defensa da pesca artesanal galega. Un programa completísimo con música, pintura , poesía, e sobre todo mar, muito mar. Reivindicamos o dereito do noso pobo mariñeiro a traballar dignamente , a vivir do mar, a seguir sendo a nazón pesqueira que somos, a mirar ao futuro dende o noso mar. E fixémolo disfrutando entre amigos, cada un aportando o mellor de si. Houbo tempo para charlar, para pintar, para escoitar, para xantar xuntos, para cantar…unha xornada inesquecible que hai que agradecer especialmente a Xose Iglesias e a Xacobe Meléndrez .
Porque o noso mar e a nosa arte son vizosos. Medre o mar

11728838_467354030104990_5268984293175976275_o 11713815_467354076771652_1038797538409359725_o11696638_467354280104965_6256702004917179911_o 11411759_467354316771628_338172506449478654_o 11722131_467353960104997_3992522100697095614_o 11143360_467353816771678_8203654739074147123_o 11722047_467354376771622_5353804965165295675_o11713676_467354576771602_7531143307169931934_o 11722401_467354400104953_649371781407494238_o11717386_467353856771674_7442415289207138676_o

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en AVANTE! POLAS DEFENSA DA PESCA ARTESANAL RESPONSABLE

ENTREVISTA EN RADIO VOZ, SOBRE “NEMANCOS”

Aquí deixo o enlace da entrevista que me fixo Manolo Rial , sobre a miña mostra Nemancos, para Radio Voz.

http://m.ivoox.com/nemancos-a-nova-exposicion-viki-rivadulla-audios-mp3_rf_4726076_1.html

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en ENTREVISTA EN RADIO VOZ, SOBRE “NEMANCOS”