ALBUM “NEMANCOS” de Viki Rivadulla, NO FARO FISTERRA

11698691_467349303438796_6757501238110983514_n 10401887_467349560105437_2942302716720078099_n 11667376_467349386772121_5984987471167652074_n 11695545_467349420105451_8763324915841078413_n 11542112_467349443438782_7332718850300534253_n 11698586_467349586772101_98519203701367103_n 11701067_467349506772109_1301802302534082255_n 11709606_467349633438763_4725132404250832527_n

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en ALBUM “NEMANCOS” de Viki Rivadulla, NO FARO FISTERRA

INAUGURACIÓN DE “NEMANCOS”

 

10365447_467347713438955_1397399437841693440_o

O día 4 de xullo, inaugurei a mostra NEMANCOS, no faro de Fisterra. Fui un acto moi bonito, cos meus amigos poetas arroupándome,e con Teresa, a concelleira de cultura, representante dunha ilusión renovada que se abre en Fisterra. Un pobo que merece un futuro ben fermoso, e quen o defenda ben.
Teño que agradecer muito o trato que me deron en Fisterra, tanto dende o Concello, como pola xente do pobo que ven acompañarme.E grazas tamén aos amigos da zona que se achegaron ata Fisterra,
Alí sentín toda a calor que da a xente auténtica de Nemancos.A miña xente.
Muitas grazas.

10012917_467348050105588_4810713389703159466_o 10477328_467347946772265_5320775105693083844_o11539061_467347810105612_8777697898408864581_o11696483_467347886772271_3113396646401467003_o11722173_467348000105593_539856713790057022_o11728902_467348193438907_3351869179436318200_o11700715_467347773438949_4157385837605298060_o11696522_467348120105581_719985733444999881_o11217991_467348216772238_4491270647115116531_o11699006_467348246772235_5556343094117044275_o10317608_467348296772230_2477818128911725279_o

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en INAUGURACIÓN DE “NEMANCOS”

VISITANDO O TALLER DE PACO PESTANA

O mellor da miña última visita a Lugo foi compartir – Rolando e mais eu- o xantar cos meus grandes amigos Loli e Isidro X. López Novo e tamén a visita ao taller do meu benquerido Paco Pestana, con quen intercambiei obra. Alí Isidro fíxonos estas fotografías ,nas que se pode ver a miña “Muller de Nemancos” no seu novo fogar, entre os animais fantásticos de Paco. Logo un viño e lembranzas de Compostela hai 30 anos.

IMG-20150603-WA0006 CIMG0003

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en VISITANDO O TALLER DE PACO PESTANA

MERCADO DE ARTE, ARTE NO MERCADO, en Lugo

cartaz do evento

cartaz do evento

Onte inauguramos a mostra colectiva no Mercado de Lugo “Mercado de arte. Arte no mercado”, unha fermosa idea na que se xuntan, mostrando os seus produtos, os traballadores e traballadoras do mercado, xunto cos traballadores e traballadoras da arte. A mostra está coordinada por Luz Darriba, e participamos na mesma un bo número artistas de moi diferentes estilos e con propostas diversas: Dulce Anca, Maribel Aguilar, Nuria Barrio, Alfredo Bongianni, Quique Bordell, Alfonso Castro, Ana Costas, Luz Darriba, Honorio, Julio Leira Sanmartin, Jose Lemur, Germán Limeres, Federico Lojo, Juan José Lomarti, Ignacio López, Noemí López, Juan Pablo Mastroiani, Quique Muruais, Estefanía Novo, Alfonso Otero Regal, Renata Otero, Ánxela Pardo, Alejandro Pardo, Cristina Mejías Bamio, Luisa Paz Montenegro, Giovana Pereira, Paco Pestana, Xabier Quijada, Baldo Ramos, Xermán Refojo, Viki Rivadulla, Daniel Sanmartin Anca, Peter Schneider, Isabel Somoza, Fernando Tomé, Lola Tourón, Eduardo Valiña, Juan Vila, Helena Villar e Zalo.
Ademais da mostra , hai obradoiros e actuacións e unha orixinal ” máquina da arte ” que é unha expendedora de tabaco na que se poden adquirir en lugar de caixas de tabaco, caixiñas con pequenas obras orixinais a un prezo unitario de dez euros .O mercado da arte pode visitarse ata o domingo 31

CIMG0026 CIMG0023

CIMG0022 CIMG0015

CIMG0017 CIMG0004

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en MERCADO DE ARTE, ARTE NO MERCADO, en Lugo

8 DE MARZO

"AS MULLERES" acrílico sobre lenzo. Viki Rivadulla, 2015

“AS MULLERES” acrílico sobre lenzo. Viki Rivadulla, 2015

Hai mulleres que cando falas con elas fanche sentir na casa. Mulleres que dan calor e solidariedade. Mulleres que comparten as feridas e comprenden o que doen.
Que son como a man máxica que mamá pousaba na miña frente cando eu estaba enferma e con ese caloriño semellaba que curaba todo. Mulleres que arresenden ao biscochón de Abuela Lola. Mulleres que cando cantan traen na voz a dor toda do noso pobo ferido e tamén a calor do lume e dos contos contados en baixiño.
Hai mulleres que son coma un tombo de mar ,fortes e rexas ,que inundan todo e escachan contra as rochas da incomprensión pero volven de novo, na seguinte arroutía ,a estoupar sen medo.
Hai mulleres que pasan de puntiñas pola vida, case pedindo perdón por molestar e outras que pisan forte facendo surcos cos pés, para que as demais poidan pasar sen medo.
Hai mulleres que berraron forte hai séculos para que nós, aínda hoxe ,escoitemos a súa voz. E hainas que coseron día e noite para facer as roupiñas que nos quitaron o frío.
Hai mulleres que aparecen cando xa non hai camiño, e danche a man para que vexas que o camiño telo diante.
Hai mulleres que peitearon o teu cabelo, lavárono e fixéronche trenciñas para que foras a máis bonitiña do mundo mundial. E mulleres que deixaron que choraras ata onde era necesario abrazadas á súa lembranza, sempre quentiña.
Hai mulleres que arrastran o mundo todo nas súas redes , ou lévano cargado nos seus mulidos.
Hai mulleres sempre, por todas partes, en cada momento e lugar do mundo.
Facendo, movendo, sufrindo,chorando, loitando, rindo, cantando, escribindo, pintando, inventando, improvisando, abrazando, peiteando, bicando, construíndo, tecendo… milleiros de mulleres polos camiños do mundo e polo meu país que doe.
E cando o mundo doe, pecho os ollos e escoitoas falar e dinme que están aí e que mañán será outro día.
Que teñades un bo 8 de marzo entre mulleres. Deixovos este acrílico meu que se chama “AS MULLERES” e que rematei o mes pasado.

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en 8 DE MARZO

OBRADOIRO CREATIVO “EU SON ROSALÍA”

rosalia 001 - copiaEsta pequena Rosalía será o punto de partida para o libro que cada nena e neno van facer sobre Rosalía. Será no obradoiro creativo que vou impartir mañán, na Biblioteca de Muxía. As nenas e nenos participantes van debuxar, ler, facer collage….e cada participante levará para casa o seu propio libro sobre Rosalía.Coñecerán un pouquiño á nena poeta, e espero que espertar o seu interese por ela.
Desexando ver os resultados!

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en OBRADOIRO CREATIVO “EU SON ROSALÍA”

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

"Rosalías"acrílico de Viki Rivadulla, ano 2013

“Rosalías”acrílico de Viki Rivadulla, ano 2013

Rosalía somos todos e todas, homes e mulleres galegas que vivimos, choramos, rimos, loitamos ,gozamos, amamos e reivindicamos na nosa lingua , na nosa terra.Contra a inxustiza, contra a misoxinia e contra sentimentos antigalegos.
As rosalías son as mulleres traballadoras da miña terra que constrúen o país día a día.
En todo estás e ti es todo… Rosalía

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en 24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

HOMENAXE A ROSALÍA EN BONAVAL

A vida vaiche deixando agasallos inesperados, como foi a mañá de onte, emotiva mañá, participando entre bos amigos no acto homenaxe a Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval.
Agradezo infindamente o convite da AELG, que me brindou a oportunidade de sentir a emoción de ler a Rosalía, co corazón encollido ante as presenzas sentidas de Castelao, Brañas ou a propia Rosalía .O broche de ouro foi a voz de Uxía, coa música de Magín Blanco e Clara Pino.
Aproveito para sumarme á petición da AELG que fixo o seu presidente,Cesareo Sanchez Iglesias para que este lugar sexa laico e de titularidade pública .
Eu son Rosalía!

CIMG0052 CIMG0053

16181_932688703438389_8031468363394217678_n CIMG0077

CIMG0069 CIMG0080

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en HOMENAXE A ROSALÍA EN BONAVAL

DEBUXANDO CON CASTELAO NA BIBLIOTECA DE MUXÍA

CARTEL DO OBRADOIRO "DEBUXANDO CON CASTELAO"

CARTEL DO OBRADOIRO “DEBUXANDO CON CASTELAO”

Ás veces o traballo é ingrato, pero outras veces é fonte de satisfación. Pasar unha tarde con nenos e nenas de Muxía, falando de Castelao e debuxando, foi un grande pracer. Agardo que puidera transmitir unha parte da miña paixón por Castelao, ou cando menos, a curiosidade para que sigan a mirar o seu traballo, nunha sesión escasa para un tema que merecería muito máis tempo, pero que todos disfrutamos muito.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2015/01/30/tras-pasos-pictoricos-castelao/0003_201501C30C12992.htm

jpg

 

 

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en DEBUXANDO CON CASTELAO NA BIBLIOTECA DE MUXÍA

O xornal LA VOZ DE GALICIA, recolle a historia de Vitorina, o meu cadro e a historia escrita por Adrián

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2015/01/20/historia-tiempos/0003_201501C20C11991.htm

Publicado en Sen categorizar | Comentarios desactivados en O xornal LA VOZ DE GALICIA, recolle a historia de Vitorina, o meu cadro e a historia escrita por Adrián